Emilio Rojo 2018 é o resultado dunha viticultura minifundista. O uso das distintas variedades locais (treixadura, lado, godello, caíño branco, albariño e torrontés) expresa as características dunha paisaxe singular cunha inmensa paleta de colores. Síntese entre sábrego, socalcos, orientación e cepas. Delicado, pero tenso; vivo, pero sólido: viña e viño inimitables.
Viña Meín Blanco 2018
21/02/2020O Pequeno Meín 2019
21/01/2021Emilio Rojo 2018
Treixadura
Outras
O 2018 foi un ano climatolóxico complicado en toda a comarca do Ribeiro. Comezou cun inverno de temperaturas temperadas, pouca choiva e escasas xeadas. A primavera trouxo altas temperaturas cun elevado índice de humidade ambiental provocada polas choivas entre o mes de abril e finais de xuño. As condicións melloraron a partir do mes de xullo coa chegada dun tempo seco e con pouca humidade. Mantívose así ata a vendima, que se realizou nas primeiras semanas de setembro. Aínda que se experimentou una mingua en termos de cantidade, a calidade foi excelente polo que, en liñas xerais, tratouse dunha colleita moi positiva.
A parcela de Emilio Rojo atópase na ladeira orientada cara ao sol da mañá do val do Avia. É unha viña que ten detrás un traballo que se remonta 30 anos no tempo e que logrou conformar unha paisaxe de socalcos perfectos e viticultura a medida. A conxunción entre viña, con todo o que isto significa, e viticultor, supuxo durante moitos anos o desenvolvemento desta parcela. Hoxe, o sábrego, a defensa duna viticultura minifundista, a exposición ao sol da mañá e as variedades locais, son as claves fundamentais da singularidade desta parcela. Unha paisaxe que se representa cada ano nas botellas de Emilio Rojo.
The coherence between this vineyard, and all that goes with it, and the winegrower himself has allowed for the incredible development of this plot over many years. Today, its ´sábrego´ soil, smallholder viticulture culture, exposure to the morning sun and the native varieties that thrive here are the fundamental elements that make up this unique plot. A landscape represented in each bottle of Emilio Rojo year after year..
A meticulosidade de traballo en viña non acaba ata o momento da saída do viño. A vendima de 2018 realizouse respectando os momentos óptimos de maduración de cada variedade e cada zona da parcela. As diferentes uvas de treixadura, lado, godello, torrontés e caíño branco seleccionáronse tamén á súa chegada á adega. A fermentación realizouse en depósitos de aceiro inoxidable con lévedos autóctonos e mantívose en crianza os seguintes 16 meses.